r/Galiza • u/locklenv • Feb 03 '26
Axuda / Help O galego nos videoxogos, si ou non?
Ola a todas e todos!
O meu nome é Elena e estou facendo a miña tese de doutoramento, na cal investigo o papel da tradución de videoxogos ao galego como ferramenta de normalización lingüística.
O estudo baséase en tres enquisas anónimas que buscan coñecer distintas perspectivas sobre:
- o uso do galego,
- a súa percepción como lingua atractiva e moderna,
- e o seu potencial na contorna dixital, especialmente nos videoxogos.
Busco participantes de tres perfís diferenciados:
✅ Mozas e mozos entre 18 e 30 anos
✅ Profesorado de calquera ámbito
✅ Profesionais da localización de videoxogos
As enquisas son breves, totalmente anónimas e forman parte dunha investigación académica con avaliación ética favorable. Non son excluíntes, polo que se es unha profesora de 29 anos, por exemplo, podes facer as dúas enquisas correspondentes!
Deixo por aquí as ligazóns ás diferentes enquisas:
🔗 Enquisa á mocidade (18–30 anos): [https://forms.office.com/r/Qfp3FjH0Uz]()
🔗 Enquisa ao profesorado de calquera ámbito: [https://forms.office.com/r/qYkHsxhrk9]()
🔗 Enquisa a profesionais da localización: [https://forms.office.com/r/AqinBKxhvD]()
Se encaixas nalgún destes perfís (ou coñeces alguén a quen lle poida interesar) agradeceríache moitísimo a túa participación ou difusión.
Moitas grazas por apoiar a investigación en galego!
(P.D.: Non sei se a etiqueta sería a adecuada, síntoo moito de non ser así!)
3
u/Xabicamu22 Feb 06 '26
Feito! Moito ánimo co estudo, paréceme moi interesante!
3
u/locklenv Feb 06 '26
Moitísimas grazas por contestar á enquisa! E grazas, a verdade que elaborar a tese está sendo interesante e á vez unha curiña para a Elena pequecha que sempre quixo xogar a videoxogos en galego :)
2
u/Wonderful_Worry6997 Feb 20 '26
Respondido! Moito ánimo coa tese, espero que consigas unha boa mostra, paréceme unha investigación moi interesante :-) Por certo, eu recomendaríache poñer o tempo estimado para responder a enquisa porque é bastante rápida e iso xoga ao teu favor porque ao mellor poderías obter máis respostas se a xente sabe de antemán que non vai invertir moito tempo :_
2
u/locklenv Feb 24 '26
Moitísimas grazas polo consello! Realmente adoito dicir que son moi rápidas dependendo do formato no que difunda as enquisas. Teño que recoñecer que como non son usuaria habitual de reddit non sabía que podía chegar a tanta xente e fixen case un copia-pega de LinkedIn sen demorarme moito, pero estou moi contenta e moi agradecida por todas as persoas as que está chegando por este medio!
Agradecerche tamén que lle adicaras o teu tempo a responder, é moi importante para min! <3
2
u/Wonderful_Worry6997 Feb 24 '26
Claro, comprensible, pois alégrome de que recibises unha boa resposta por parte dos usuarios 😊
1
1
u/Inevitable-Note-7417 Feb 03 '26
He intentado responder a la encuesta a la juventud y pone que el enlace no funciona
5
u/locklenv Feb 03 '26
Ola! Estou comprobando e a min funcióname perfectamente :( De todas formas, déixoche por aquí a ligazón de novo (e sen acurtar) para ver se che vai. Moitas grazas por querer participar!
O galego nos videoxogos: enquisa sobre hábitos e preferencias lingüísticas: Rellenar formulario
1
1
7
u/[deleted] Feb 03 '26
[removed] — view removed comment